Vigo404. A nova comunidade viguesa de desenvolvedores de software
Nos últimos anos, Galiza comezou a demostrar que tamén pode ser un lugar onde nace innovación, talento e comunidade arredor da tecnoloxía. Dentro dese movemento aparece Vigo404, unha comunidade creada por galegos e para galegos, pensada para unir persoas apaixonadas polo desenvolvemento, o deseño, a tecnoloxía e a creación dixital nun entorno moderno, aberto e inclusivo.
Vigo404 non é simplemente un grupo de programación. É un espazo onde compartir ideas, aprender en conxunto e construír relacións entre persoas. A comunidade nace coa intención de demostrar que na Galiza tamén existe talento de sobra para proxectos grandes, innovadores e con identidade propia, sen necesidade de marchar fóra.
Un dos piares fundamentais da comunidade é a lingua. Vigo404 aposta polo uso do galego como parte natural da identidade da comunidade, normalizando a súa presenza dentro do sector tecnolóxico e creando un espazo onde falar galego non sexa algo raro, senón algo orgulloso. A tecnoloxía tamén pode construírse desde a nosa cultura, coa nosa forma de expresarnos e coa nosa maneira de entender o mundo.
Vigo404 é un espazo seguro para persoas LGBTQIA+, para xente nova que busca o seu sitio dentro do sector e para calquera persoa que queira participar sen medo a ser xulgada. A diversidade considérase unha parte esencial da creatividade e da innovación, porque os mellores proxectos nacen cando existen diferentes formas de pensar, vivir e crear.
Entre os obxectivos da comunidade está organizar quedadas, eventos, charlas, hackathons e actividades relacionadas coa tecnoloxía en Vigo e noutras zonas da Galiza. A idea é conectar persoas que moitas veces traballan illadas, estudan pola súa conta ou simplemente non coñecen máis xente coas mesmas inquietudes. Vigo404 quere converterse nun punto de encontro para colaborar, aprender e medrar xuntos.
Vigo404 busca: Crear un ambiente humano, creativo e cercano. Un lugar onde se valore tanto o coñecemento técnico como as persoas que hai detrás. Porque ao final, a tecnoloxía naceu co obxectivo de conectar xente.